Imaxe da nova.

Perlas Keshi

PERLAS KESHI

 

Texto e imaxes: Juan Cristóbal Fernández Casas

 

Xemólogo colexiado nº G0062


Para leer el artículo en castellano pinchar aquí.

 

A palabra, de orixe xaponés, ten varias traducións posibles, como “a máis pequena partícula imaxinable” ou “semente de amapola”, e define un tipo de perlas producidas por ostras ou outros moluscos, como algunhas variedades de mexillóns, que previamente foron manipulados para producir perlas de cultivo. En principio, o termo usouse en Xapón e aplicouse ás orixinadas pola Pinctada Martensi. Ó introducir o núcleo que orixinará a futura perla, este rodéase dun pequeno anaco de manto de ostra e deposítase nun corte realizado no seu corpo. A orixe das perlas Keshi suponse que vén de pequenos fragmentos soltos dese anaquiño de manto, de microorganismos ou restos de nácar presentes no momento do enxerto. Así, estes formarían diminutos sacos perlíferos que darían lugar a diminutas perlas de forma barroca, xeralmente de pequeno tamaño (de entre 1- 4mm.). As perlas Keshi nunca teñen núcleo.

Co tempo, outros tipos de ostras (Pinctada Máxima, Pinctada Margartífera, mexillóns produtores de perlas de auga doce, etc.) foron usadas para o cultivo e con iso tamén apareceron como resultado perlas Keshi nela, que teñen as características, como a cor ou o tamaño, acordes co seu animal creador. Desta maneira, é normal que poidamos ver perlas Keshi que alcanzan medidas grandes e de moitas tonalidades. Por exemplo, en EE.UU. é común a comercialización de perlas este tipo producidas en mexillóns de auga doce e vendidas como perlas Lagniappe.

É moi importante recordar que estas perlas se deben comercializar como cultivada, por ser un subproduto da manipulación do home.

 

← volver

Calendario de eventos:

« Setembro 2017 »
L M Me X V S D
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com