Quero felicitar a todos os profesionais, a todos os que aman a profesión, pois o noso Colexio é hoxe unha realidade.
Tras a constitución do Colexio, e como ocorre despois dun alumbramento, o noso labor non rematou, senón que dá paso a algo novo, a unha nova andadura, ilusionante e positiva para todos nós, na que, entre todos, debemos axudar ao seu crecemento e desenvolvemento.
Debemos ter presente que o Colexio é noso, de todos e cada un dos profesionais que o integramos e será todo o eficaz, todo o eficiente e todo o útil que nós mesmos desexemos que sexa, tendo en conta que iso dependerá só da nosa vontade, do noso esforzo e da nosa colaboración, da de cada un. Hoxe, máis que nunca, estou convencido de que teremos éxito e, co tempo, a tarefa que emprendemos permitiranos realizar o noso soño, que non é outro que a dignificación dos profesionais da xoiaría e o recoñecemento social tanto dos nosos intereses como os daqueles que reciben o noso traballo e dedicación.
Douvos as grazas en nome da Xunta de Goberno e no o meu propio, pola vosa confianza e pola vosa colaboración coa que sei que poderei contar para contribuír a acadar o obxectivo sinalado.
Un saúdo cordial para todos.
D. Oscar Rodriguez Blanco.
Presidente
subir
Creado por:
versiongalega.com - adaptacionalalopd.esLicencia Creative Commons
Aviso legal Acceso correo