Altas de colexiado

A colexiación

O Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia, é unha corporación de dereito público, na que se teñen que integrar todos os profesionais do sector.

O artigo 4 da Lei 9/2006, de creación do Colexio, e que establece a obrigatoriedade da colexiación, sinala a incorporación ao mesmo como requisito necesario para exercer a profesión cando o establecemento en que se exerza radique en Galicia; polo tanto, dende a súa entrada en vigor, deben colexiarse todos aqueles que queiran desempeñar a profesión no territorio desta Comunidade.

Ademais como requisito para a colexiación, o profesional deberá estar en posesión dalgún dos títulos que a Lei sinala. Para posibilitar e facilitar a integración no colexio de todos os que ata o momento viñan exercendo esta profesión, a Lei estableceu un período transitorio de dous anos, durante o cal se permitiu a habilitación profesional para colexiarse de todos os que acreditasen o seu exercicio cun mínimo de tres anos de experiencia.

Os Estatutos de funcionamento do colexio reiteran e regulan este requisito.

Razóns para colexiarse

Porque a obriga que a Lei de Creación do Colexio impón, lonxe de ser unha carga ou unha imposición, reverte en importantes beneficios para todos os integrantes do colexio, e en definitiva para quen desenvolve profesionalmente esta actividade.

A particularidade do produto con que opera o sector da xoiaría xera diferentes implicacións:

- Para o consumidor, que emprega o seu patrimonio en pezas cuxa comprobación require sen dúbida o asesoramento dun profesional.

- e, obviamente, para os que traballan un xénero de tan especial valía e condicións, afectado por numerosa normativa (metais preciosos, seguridade, etc).

O Colexio créase e ampara por Lei para conxugar os intereses de ambos os dous, propiciando a confianza do consumidor e reforzando a posición dos profesionais fronte a outros que puidesen detentar esta condición sen coñecementos ou experiencia que lles avalen.

En definitiva, dignificando a profesión en beneficio de quen a exerce con calidade e responsabilidade e de quen recibe a súa dedicación.

Ademais, o Colexio velará polos intereses dos seus colexiados e converterase nunha ferramenta útil que superará sobradamente o esforzo económico que en principio pode parecer: será un interlocutor recoñecido e válido entre a profesión e as institucións dentro do noso ámbito, capaz de obter beneficios (convenios, formación, publicidade, apoio e asesoría, información) para o sector que individualmente non serían viables e que traballará coa única fin de mellorar e difundir a profesión en todos os ámbitos.

Os servizos e convenios que mostramos na nosa web, son os primeiros pasos nesta dirección.

Para poder darse de alta como colexiado no Colexio pode descargar e imprimir o seguinte Documento: Alta no Colexio Oficial de Xoiaría.

Premendo aquí, pode consultar as cuotas en vigor.

Calendario de eventos:

« Novembro 2017 »
L M Me X V S D
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com