20/09/2020
O Coxga inicia un novo servizo de comunicación a través de WhatsApp co obxectivo de que os colexiados que o desexen poidan coñecer ó instante, dende o teléfono móbil, todos os asuntos relevantes para o sector (convocatorias de axudas, alertas, cursos de formación, campañas, etc.).
Como funciona?
Crearemos unha lista de difusión de WhatsApp, para que os colexiados que o desexen poidan recibir, de forma individual,as mensaxes do Coxga e, se queren, poderán contestar, pero de maneira privada, xa que non é un grupo de WhatsApp, e, polo tanto non existe a posibilidade de comunicarse entre o resto de membros da lista
Os colexiados que desexen apuntarse a este novo servizo, só teñen que facer o seguinte:
1. Gardar o teléfono do Colexio na axenda de contactos: 981 598 858 (importante! se non se garda, non se recibirán as mensaxes)
2. Enviar un whatsapp ó contacto do Colexio (981 598 858) dende o teléfono no que queiran recibir as mensaxes, indicándonos nome e apelidos para na lista de difusión
Esta nova canle de información súmase ás xa existentes (correos-e, redes sociais, web, etc.) co obxectivo de ofrece un mellor servizo, máis inmediato e adaptado ás novas tecnoloxías.
Para máis info, contactar coa oficina do Coxga por correo-e (info@coxga.es) ou teléfono (981 598 858)