01/02/2021
O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga), en colaboración coa Federación Galega de Xoieiros, puxo en marcha a campaña "Desayunos con diamantes" co obxectivo de dar visibilidade e seguir potenciando ao sector da xoiaría nesta época do ano.
Os xoieiros de Galicia celebran o amor sorteando catro almorzos gourmet a domicilio para dúas persoas nas súas redes sociais: Facebook e Instagram
Para participar simplemente hai que ser seguidor do Facebook e/ou Instagram do Colexio Oficial de Xoiaría e mencionar a dúas persoas que o participante queira moito.
De forma paralela, desde finais de xaneiro, as redes sociais do Coxga son o escaparate das propostas de agasallo para San Valentín que ofrecen os xoieiros e xoiarías galegas, de manera que os seguidores poidan ver os diferentes produtos ofertados nesta época.