Galicia Calidade certifica as coleccións da firma galega Isabel Suárez

Isabel Suárez, unha empresa de Santiago de Compostela, obtén o certificado da marca de garantía para as coleccións Sea e Infinity

Sinónimo de elegancia e modernidade, Isabel Suárez, é unha emerxente firma galega que elabora pezas únicas, con personalidade e identidade propias, empregando para iso os procesos máis tradicionais.

Con este recoñecemento, Isabel Suárez, pode empregar o certificado de uso da marca de Garantía Galicia Calidade para as coleccións Sea e Infinity. A primeira, inspirada nos océanos e no valor dos mesmos, componse de colgante e pendentes (denominados Coralia), realizados en ouro de 18 quilates e perla cultivada.

Inspirada na elegancia, durabilidade, no eterno e atemporal, a colección Infinity, está composta por unha serie de aneis de ouro branco e rosa de 18 quilates.

Pero ademais de deseño propio, en Isabel Suárez tamén realizan pezas a medida e materializan os bocetos que lle piden os seus clientes: “Asesorámolos e creamos xoias únicas partindo das súas ideas e aportando a nosa experiencia, facéndolles partícipes do proceso en todo momento”.

Colección Sea

Colección Infinity

Instagram

Web: www.isabelsuarez.es

 

Agora, coñezamos a quen se atopa detrás da marca. Isabel Suárez é unha muller valente, entusiasta e emprendedora que comezou a súa andadura no mundo da xoiaría no ano 1998 sen planealo, e, por circunstancias da vida, comezou, pouco a pouco, a compaxinar os estudos de Administración e Dirección de Empresas con horas e horas de aprendizaxe nun taller de xoiaría e reloxaría, onde se empapou e familiarizou co traballo de taller e descubríu o que dende entón se convertiría na súa paixón. En paralelo, iniciouse na atención ó publico na venda de xoiaría nun establecemento da capital galega, onde centrou a súa actividade durante anos conseguindo transmitir ós clientes o seu entusiasmo pola xoiaría.

A experiencia de taller e os anos de atención a clientes, entendendo as necesidades dos mesmos e empatizando con eles, déronlle o pulo necesario para lanzarse no ano 2017 cun proxecto que reflexa a súa esencia creativa, á vez que lle permite unir arte, vocación e negocio: o obradoiro de xoiaría Isabel Suárez.

 

Xoiarías certificadas:

Na actualidade, ademáis de Isabel Suárez, contan coa certificación Galicia Calidade as xoiarías Ardentia, Bourrellier Joyeros, Fernando Gallego, Fink Orfebres, Katuxa Platero, Orfega e Óscar Rodríguez Joyeros.

 

 

 

← volver

Calendario de eventos:

« Marzo 2021 »
L M Me X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com