21/06/2021
A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia (COXGA), con motivo da finalización do período de mandato de catro anos, acordou na reunión celebrada o 21 de xuño, convocar eleccións para a renovación dos cargos da Xunta de Goberno.
As eleccións celebraranse o mércores 21 de xullo de 2021, na sede do COXGA (rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB. 15.701 Santiago de Compostela), sendo o horario de votación de 9h a 19h. Os colexiados que desexen emitir o seu voto por correo, poden solicitalo ata o 30 de xuño
O prazo para a presentación de candidaturas remata o 30 de xuño.