21/07/2021
A Asamblea Xeral Ordinaria do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia celebrada de forma telemática o mércores 21 de xullo ratificou a única candidatura presentada ás eleccións de membros da Xunta de Goberno.
Inmediatamente despois da ratificación da Asamblea por unanimidade, celebrouse o acto público de toma de posesión de cargos da nova Xunta de Goberno, integrada por algúns dos membros da Xunta anterior e unha nova incorporación. Así pois, a composición da nova Xunta de Goberno para o período 2021 – 2025 queda como segue:
Presidente: D. Óscar Rodríguez Blanco
Vicepresidente 1º: D. Pablo García Regueira
Vicepresidente 2º: D. Luís González Bahamonde
Tesoureira: Dª María Isabel Carlín Suárez
Secretaria: Dª Katuxa Platero Seoane
Vogal: Dª María Teresa López Romero
Vogal: D. José Antonio García Prado
Vogal: D. José Luís Míguez Cristóbal
Vogal: D. Celso Santos Pereira Varela
Vogal: D. Fernando García Bourrellier
No transcurso da Asamblea, Óscar Rodríguez, que presidirá durante un novo mandato o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, aproveitou a ocasión para agradecer aos compañeiros da Xunta de Goberno a súa colaboración, dedicación e horas de esforzo adicadas ós intereses da profesión e do colectivo. E tamén tivo palabras de benvida para María Teresa López Romero, a nova integrante da Xunta Directiva.
A nova Xunta de Goberno manifestou a intención de seguir avanzando no recoñecemento e mellora da profesión e comenza esta nova etapa con moita responsabilidade e traballo para conseguir fomentar un Colexio no que todo o colectivo se sinta representado e orgulloso de pertencer a él, participativo e aberto a cantas suxerencias e propostas sexan realizadas.