A Asemblea ratifica a candidatura única presentada ás eleccións da Xunta de Goberno do Coxga

A Asamblea Xeral Ordinaria do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia celebrada de forma telemática o mércores 21 de xullo ratificou a única candidatura presentada ás eleccións de membros da Xunta de Goberno.

Inmediatamente despois da ratificación da Asamblea por unanimidade, celebrouse o acto público de toma de posesión de cargos da nova Xunta de Goberno, integrada por algúns dos membros da Xunta anterior e unha nova incorporación. Así pois, a composición da nova Xunta de Goberno para o período 2021 – 2025 queda como segue:

Presidente: D. Óscar Rodríguez Blanco

Vicepresidente 1º: D. Pablo García Regueira

Vicepresidente 2º: D. Luís González Bahamonde

Tesoureira: Dª María Isabel Carlín Suárez

Secretaria: Dª Katuxa Platero Seoane

Vogal: Dª María Teresa López Romero

Vogal: D. José Antonio García Prado

Vogal: D. José Luís Míguez Cristóbal

Vogal: D. Celso Santos Pereira Varela

Vogal: D. Fernando García Bourrellier

No transcurso da Asamblea, Óscar Rodríguez, que presidirá durante un novo mandato o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, aproveitou a ocasión para agradecer aos compañeiros da Xunta de Goberno a súa colaboración, dedicación e horas de esforzo adicadas ós intereses da profesión e do colectivo. E tamén tivo palabras de benvida para María Teresa López Romero, a nova integrante da Xunta Directiva.

A nova Xunta de Goberno manifestou a intención de seguir avanzando no recoñecemento e mellora da profesión e comenza esta nova etapa con moita responsabilidade e traballo para conseguir fomentar un Colexio no que todo o colectivo se sinta representado e orgulloso de pertencer a él, participativo e aberto a cantas suxerencias e propostas sexan realizadas.

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com