O Coxga e a Federación Galega de Xoieiros participaron no II Congreso Nacional de Xoiaría

 

O II Congreso Nacional de Xoiaría, organizado pola Asociación de Xoieiros de Córdoba, co apoio da Confederación de Xoiaría de España e a colaboración do Instituto Provincial de Desenrolo Económico da Diputación de Córdoba (IPRODECO) e a Cátedra de Xoiaría da Universidade de Córdoba, desenrolouse en Córdoba os días 28 e 29 de setembro, en formato presencial e virtual, o que facilitou que máis persoas puideran seguir as ponencias programadas.

O Coxga e a Federación Galega de Xoieiros estiveron presentes neste encontro, tanto de maneira presencial, coa participación de Óscar Rodríguez Blanco e de José Carlos García Cumplido, presidente e asesor xurídico do Coxga, respectivamente, como de maneira virtual, con un bo número de profesionais que seguiron as ponencias dende a distancia.

Inauguraron o encontro Dolores Amo, vicepresidenta primeira e deputada de Desarrollo Económico da Diputación de Córdoba, Milagrosa Gómez, presidenta da Asociación de Joyeros San Eloy de Córdoba, Ángel Herrador e Rafaela Valenzuela, delegado territorial de Empleo, Formación y Trabajo Autónomo y Economía de la Junta de Córdoba y Subdelegada del Gobierno en Córdoba, respectivamente.

A primeira ponencia, A Lei de Metais Preciosos, contou coa presenza de Ramón Herrero Arbizu, Subdirector General de Áreas y Programas Industriales del Ministerio de Industria, Comercio y Turismo; Ignacio Cáceres Armendáriz, xefe do Servicio de Industria de la Secretaría General de Industria y Minas de la Consejería de Transformación Económica, Industria, Conocimiento y Universidades de la Junta de Andalucía, e José Carlos García Cumplido, asesor xurídico do Coxga.

José Carlos García Cumplido formulou algunhas preguntas e reflexións que puxeron de manifesto que a normativa non é clara nin precisa, non se aplica de forma homoxénea en todo o territorio español e non todos os Laboratorios aplican os mesmos criterios para contrastar os obxectos fabricados con metais preciosos.

Pola súa parte, Ignacio Cáceres Armendáriz, expresou o problema que supón tanto para o sector como para a Administración, tanto a antigüidade da norma como a falta de precisión da mesma e tendeu a man ao Ministerio de Industria para colaborar na revisión da mesma, se finalmente se decide levar a cabo.

O representante do Ministerio de Industria, partidario da revisión, engadíu unha problemática tamén complexa como é a falta dunha lexislación homoxeneizada na Unión Europea.

Na segunda xornada, resultaron especialmente interesantes as intervencións das ponentes Mei Chen, responsable de moda en Reino Unido, países nórdicos e Iberia para Alibaba Group e Paola de Luca, directora de Trendvision (Trendbook).

Mei Chen destacou o rápido crecemento do comercio online en China e a gran importancia do livestreaming como nova canle de venda para facer prosperar os negocios, xa que permite unha comunicación bidireccional e interactiva, onde se escoita e valora o que o consumidor quere dicir.

Tamén fixo referencia a un novo concepto, “phygital”, a integración entre a parte física e a dixital, para a venda de produtos de luxo.

Pola súa parte, Paola de Luca destacou a importancia de coñecer ao cliente para planificar a producción ou a compra a proveedores (“a información é poder”) e revelou algunhas das tendencias que guiarán a produción de xoias nos próximos anos, entre as que destacou  o valor emocional, a xoiaría circular e sostible, a natureza e a textura orgánica, o asimétrico, o diferente, as xoias únicas e artesanas. E puxo especial atención na xoiaría para homes, que cada vez compran máis xoias, con pedras preciosas ou semipreciosas.

Rematou o Congreso coa ponencia “Vender como cracks” de Víctor Küppers, experto en motivación e desenrolo persoal, que deu as pautas para ter a mellor actitude posible, superar situación difíciles e motivarse a nivel persoal e profesional.

Por último, Milagrosa Gómez, presidenta da Asociación de Joyeros San Eloy de Córdoba clausurou o Congreso con gran éxito de participación, e indicou que se redactará un documento de conclusións que se fará chegar ás Administracións Públicas para que realicen as accións que conduzan a que o sector xoieiro sexa un dos sectores estratéxicos de España.

 

                                       

← volver

Calendario de eventos:

« Decembro 2021 »
L M Me X V S D
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com