Xornada de portas abertas: presentación do equipo Láser Fibra para gravado de xoiaría

O xoves 25 de novembro terá lugar unha xornada de portas abertas para que os profesionais do sector poidan coñecer de primeira man o funcionamento e prestacións do equipo Láser Fibra para gravado de xoiaría (a tecnoloxía láser permite realizar calquera tipo de gravado, números, fotografías ou ornamentos, en tempo récord, respectando as propiedades do material gravado e coa máxima precisión).

Dentro do horario da xornada, os visitantes poderán achegarse á hora que máis lles conveña.

Haberá materiais para facer mostras de gravado pero, os asistentes que o desexen, tamén poden traer unha placa ou calquera outro artigo ou material para facer probas.

Prezos especiais para colexiados e asistentes.

 

Día: xoves 25 de novembro

Lugar: sede do Colexio oficial de Xoiaría de Galicia (rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB. 15701 Santiago de Compostela)

Horario: 9h a 14h e 15h a 19h (podes achegarte á hora que desexes)

Empresa: Framun Techno, especializada na comercialización de máquinas láser

 

Agradeceríamos confirmación de asistencia por correo-e (info@coxga.es) ou teléfono (981 598 858).

Vémonos o xoves 25 de novembro!

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com