Carta do Presidente con motivo da festividade de San Eloi

Estimada/o amiga/o:

Estes días nos que o ruído mediático é grande, onde os que critican ou descualifican son elevados ao púlpito e os que día a día propoñen e traballan son denostados, máis que nunca, doume conta do importante que é dialogar, que esteamos unidos, organizados e que fagamos escoitar a nosa voz, que é a voz dos que vivimos e queremos seguir vivindo do noso traballo como xoieiros.

Hai poucas datas, como sabes, tivo lugar o II Congreso Nacional da Xoiería Española e, a pesar de que vivimos momentos difíciles, moitos de nós atopamos un oco para asistir a este importante encontro, de forma presencial ou telemática e, aínda cando só fose por iso sería para estar razoablemente satisfeitos. Pero se por algo o estou realmente, é porque, despois dunha longa crise, despois da pandemia do COVID, despois de 30 anos, en España volvemos falar de xoiaría.

Son consciente de que son moitos os problemas a que nos enfrontamos como profesionais da xoiaría, entre outras, á necesidade de:

  • Saír desta longa crise económica que vimos padecendo.
  • Adecuar as nosas empresas ao cambio radical que vivimos e que impón novos modelos e formas.
  • Acometer o relevo xeracional.
  • Dignificar a profesión mellorando a formación dos profesionais en todas as súas facetas.
  • Adecuar a normativa que regula a fabricación de obxectos con metais preciosos aos avances da técnica e esixencias do mercado.

Para moitos destes problemas aínda non albiscamos a solución ou polo menos non a idónea, pero aos poucos, co esforzo e o traballo de todos e en particular das persoas que como ti viven e aman a profesión xoieira, conseguirémolo.

Sei que o teu tempo, como o de todos os que vivimos do noso traballo, é escaso, e non podemos desperdicialo en debates inútiles e estériles, por iso coma sempre  convídote a participar, achegándonos as túas propostas, compartindo as túas opinións sobre os problemas que observas no sector, na forma que queiras e poidas en cada momento, pois todas as propostas son importantes e necesarias, todos sumamos e entre todos atoparémoslle a solución.

Na confianza de que, neste camiño de reconstruír o sector, atoparémonos, aproveito a ocasión para enviarche un cordial saúdo e desexarche un feliz día do noso Patrón. Viva San Eloi! 

 

Fdo. Óscar Rodríguez

Presidente

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com