01/12/2021
Estimada/o amiga/o:
Estes días nos que o ruído mediático é grande, onde os que critican ou descualifican son elevados ao púlpito e os que día a día propoñen e traballan son denostados, máis que nunca, doume conta do importante que é dialogar, que esteamos unidos, organizados e que fagamos escoitar a nosa voz, que é a voz dos que vivimos e queremos seguir vivindo do noso traballo como xoieiros.
Hai poucas datas, como sabes, tivo lugar o II Congreso Nacional da Xoiería Española e, a pesar de que vivimos momentos difíciles, moitos de nós atopamos un oco para asistir a este importante encontro, de forma presencial ou telemática e, aínda cando só fose por iso sería para estar razoablemente satisfeitos. Pero se por algo o estou realmente, é porque, despois dunha longa crise, despois da pandemia do COVID, despois de 30 anos, en España volvemos falar de xoiaría.
Son consciente de que son moitos os problemas a que nos enfrontamos como profesionais da xoiaría, entre outras, á necesidade de:
Para moitos destes problemas aínda non albiscamos a solución ou polo menos non a idónea, pero aos poucos, co esforzo e o traballo de todos e en particular das persoas que como ti viven e aman a profesión xoieira, conseguirémolo.
Sei que o teu tempo, como o de todos os que vivimos do noso traballo, é escaso, e non podemos desperdicialo en debates inútiles e estériles, por iso coma sempre convídote a participar, achegándonos as túas propostas, compartindo as túas opinións sobre os problemas que observas no sector, na forma que queiras e poidas en cada momento, pois todas as propostas son importantes e necesarias, todos sumamos e entre todos atoparémoslle a solución.
Na confianza de que, neste camiño de reconstruír o sector, atoparémonos, aproveito a ocasión para enviarche un cordial saúdo e desexarche un feliz día do noso Patrón. Viva San Eloi!
Fdo. Óscar Rodríguez
Presidente