NOVIDADES na normativa de Consumo en 2022

GARANTÍA NA COMPRAVENDA DE BENS E SUBMINISTRACIÓN DE CONTIDOS E SERVIZOS DIXITAIS

Descargar documento en castelán

Descargar documento en galego

 

Entrada en vigor: 01/01/2022

 

Principais novidades:

 VENDA DE BENS MOBLES

1.- Bens novos. O período de garantía legal increméntase a 3 anos desde o momento de entrega dos bens novos. Por tanto, o vendedor (tenda) responde (fronte ao consumidor) das faltas de conformidade que se manifesten nun prazo de tres anos desde a entrega. No caso de contidos ou servizos dixitais a garantía legal será de 2 anos.

2.- Bens de segunda man: poderase establecer un prazo de falta de conformidade menor ao de tres anos, pero nunca inferior a un ano desde a entrega. Se non de establece prazo será de tres anos.

3.- A presunción de falta de conformidade, salvo proba en contrario, increméntase de 6 meses a 2 anos para bens novos.

3.1. Bens novos. Se durante os dous anos seguintes á compra o produto presentase algún tipo de defecto ou as súas características non se correspondesen ás contratadas ou anunciadas, entenderase que ese defecto é de fábrica salvo que o vendedor demostre o contrario ou que esa presunción sexa incompatible coa natureza dos bens. No caso de contidos e servizos dixitais, a presunción de falta de conformidade é de 1 ano.

3.2. Bens de segunda man. Establécese a posibilidade de pactar un prazo de presunción inferior ao de dous anos, que non poderá ser inferior ao período de responsabilidade pactado pola falta de conformidade, o cal, á súa vez, non pode ser inferior a un ano. Establécese que o ben vendido será conforme co contrato cando cumpra os requisitos subxectivos e obxectivos recolleitos nos artigos 115 bis e ter “que sexan de aplicación (non todos) …”.

 

REPARACIÓNS

En caso de reparación do ben debido á falta de conformidade, o empresario responde das reparacións durante o ano posterior á entrega do ben (amplíase o prazo de 6 meses a 1 ano). Cando nese período se reproduzan os defectos da mesma orixe que os inicialmente manifestados, presumirase que se trata da mesma falta de conformidade.

 

PRAZO PARA RECLAMAR E SERVIZO POST-VENDA

1. O prazo de prescrición para exercitar a acción relativa ás faltas de conformidade increméntase de 3 a 5 anos desde a manifestación da falta de conformidade (antes 3 anos desde a entrega do produto).

2. O prazo de prescrición para o exercicio da acción ou dereito de recuperación dos bens entregados polo consumidor ao empresario para a súa reparación despois do momento da entrega do ben será dun ano.

3. Postvenda: O período no que o fabricante deberá continuar co servizo técnico e dispoñibilidade de pezas de recambio tras o cesamento de fabricación do ben se incrementa de 5 a 10 anos.

 

GARANTÍA COMERCIAL

Se as condicións establecidas no documento de garantía comercial son menos favorables para o consumidor ou usuario que as enunciadas na publicidade asociada, a garantía comercial será vinculante segundo as condicións enunciadas na publicidade relativa á garantía comercial, a menos que antes da celebración do contrato a publicidade asociada se corrixira do mesmo xeito ou de modo comparable a aquela. Non se establece prazo de prescrición para o exercicio da acción de cumprimento do disposto na garantía comercial (antes prazo de 6 meses).

CADRO RESUMO PRAZOS:

  LGDCU LGDCU
(ata o 01/01/2022) (despois do 01/01/2022)
Garantía legal Bens materiais 2 anos 3 anos
Contiidos ou servizos dixitais 2 anos 2 anos
Carga da proba por falta de conformidade Bens materiais 6 meses 2 anos
Contidos ou servizos dixitais 1 ano
Reparación 5 anos 10 anos
← volver
Concurso diseña una joya para tu madre

Calendario de eventos:

« Abril 2022 »
L M Me X V S D
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com