14/01/2022
A campaña de Nadal 2021 - 2022, organizada pola Federación Galega de Xoieiros e o Colexio Oficial de Xoiaría, incluía o sorteo de vales regalo por importe de 100 € e 50 € para comprar xoiaría.
Para participar bastaba con visitar calquera dos establecementos adheridos á acción. Si, si, tan sinxelo como achegarse a calquera dos establecementos e solicitar os boletos para participar no sorteo. E sen límite de número de boletos por participante! Polo tanto, a maior número de boletos, máis posibilidades de gañar un ou máis vales.
O vindeiro luns 17 de xaneiro coñeceremos o resultado do sorteo. Grazas por participar! Moita sorte!
Preme aquí para ler as bases do sorteo.