Convocado o XII certame Deseña unha xoia para a tua nai

Despois do parón obrigado pola Covid-19, a Federación Galega de Xoieiros, en colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría, convoca a XII edición do concurso de deseño escolar “Deseña unha xoia para a túa nai”, dirixido a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e 12 anos (inclusive), con ocasión da celebración do Día da Nai.

O proxecto que se puxo en marcha no ano 2010 e que acadou un gran éxito nas pasadas edicións, ten como obxectivo impulsar a expresión artística dende unha idade temperán e despertar nos nenos e nas nenas a curiosidade polo mundo do deseño, ademais de achegar ao conxunto da sociedade unha profesión de gran arraigo e tradición en Galicia.

Así mesmo, este divertido proceso de creación, que culmina coa execución dos deseños gañadores por xoieiros profesionais, permítelle aos pequenos deseñadores ver unha aplicación práctica á súa creatividade, servindo de apoio á súa formación.

Como participar?

Moi sinxelo. Basta con subir os deseños, en formato imaxe, á galería habilitada aquí (a partir das 00.00 horas do 04/03/2022 ata as 23.59 horas do 04/04/2022)

Categorías:

- Ata os 4 anos incl.     - De 5 a 7 anos incl.

- De 8 a 10 anos incl.    - De 11 a 12 anos incl.

Votación popular:

As propostas participantes están expostas na galería da plataforma, onde se poden votar as candidaturas favoritas, ata un máximo de catro, e tamén compartir os deseños por redes sociais e correo-e para incentivar o seu voto. Os dez máis votados de cada unha das catro categorías, pasarán directamente a ser finalistas.

Xurado:

Unha vez rematado o prazo de presentación e votación pública de propostas, o xurado, composto por profesionais da xoiaría, educación, prensa e a arte, seleccionará outros 10 deseños finalistas por grupo, que se sumarán aos elixidos por votación popular, e os 12 gañadores do certame, tres por cada unha das categorías.

Premios:

80 deseños finalistas, 20 por categoría, aos que se lle outorgará un diploma acreditativo da participación. Entre os finalistas de cada categoría entregaranse tres premios (1º, 2º e 3º premio)

Agardamos a túa participación!

 

 

                                 Cola colaboración da:  

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com