04/03/2022
Despois do parón obrigado pola Covid-19, a Federación Galega de Xoieiros, en colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría, convoca a XII edición do concurso de deseño escolar “Deseña unha xoia para a túa nai”, dirixido a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e 12 anos (inclusive), con ocasión da celebración do Día da Nai.
O proxecto que se puxo en marcha no ano 2010 e que acadou un gran éxito nas pasadas edicións, ten como obxectivo impulsar a expresión artística dende unha idade temperán e despertar nos nenos e nas nenas a curiosidade polo mundo do deseño, ademais de achegar ao conxunto da sociedade unha profesión de gran arraigo e tradición en Galicia.
Así mesmo, este divertido proceso de creación, que culmina coa execución dos deseños gañadores por xoieiros profesionais, permítelle aos pequenos deseñadores ver unha aplicación práctica á súa creatividade, servindo de apoio á súa formación.
Moi sinxelo. Basta con subir os deseños, en formato imaxe, á galería habilitada aquí (a partir das 00.00 horas do 04/03/2022 ata as 23.59 horas do 04/04/2022)
- Ata os 4 anos incl. - De 5 a 7 anos incl.
- De 8 a 10 anos incl. - De 11 a 12 anos incl.
As propostas participantes están expostas na galería da plataforma, onde se poden votar as candidaturas favoritas, ata un máximo de catro, e tamén compartir os deseños por redes sociais e correo-e para incentivar o seu voto. Os dez máis votados de cada unha das catro categorías, pasarán directamente a ser finalistas.
Unha vez rematado o prazo de presentación e votación pública de propostas, o xurado, composto por profesionais da xoiaría, educación, prensa e a arte, seleccionará outros 10 deseños finalistas por grupo, que se sumarán aos elixidos por votación popular, e os 12 gañadores do certame, tres por cada unha das categorías.
80 deseños finalistas, 20 por categoría, aos que se lle outorgará un diploma acreditativo da participación. Entre os finalistas de cada categoría entregaranse tres premios (1º, 2º e 3º premio)
Agardamos a túa participación!
Cola colaboración da: