Reunión xurado XII edición do certame Deseña unha xoia para a túa nai

O 8 de abril celebrouse a reunión do xurado da XII edición do certame "Deseña unha xoia para a túa nai", que tivo a difícil tarefa de seleccionar os 10 deseños finalistas por categoría, que se sumaron aos elixidos por votación pública, e, entre todos os finalistas, elixir os 12 gañadores do certame, tres por cada categoría.

A entrega de Premios terá lugar o sábado 30 de abril, en Santiago de Compostela. E ese será o día no que se darán a coñecer os 12 gañadores aos que se lles fará entrega da xoia que deseñaron.

 

 

O Xurado estivo composto por:

María Eugenia Pérez, Subdirectora Xeral de Innovación, Orientación e Formación de Recursos Humanos (Secretaría de Educación e Formación Profesional, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade)

Luis González Bahamonde, Vicepresidente do Coxga e xoieiro en Ardentia (Bergondo)

Rubén Prol, concelleiro de Educación, Mocidade e Políticas Lingüísticas de Santiago de Compostela.

Juan Adrio, director EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela)

Ramón Conde, Escultor

María Xosé Rodríguez, Radio Galega

Francisco Rosende, xoieiro Rosende Joyeros (Ferrol)

Isolina Cruz,  xoiaría Félix Munín (Santiago de Compostela)

 

 

 

 

  

   

     

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com