Debuxos de escolares galegos convertidos en xoias

Acto de entrega de premios do XII certame "Deseña unha xoia para a túa nai"

Preme aquí para acceder ao álbume de fotos da entrega de premios.

Despois do parón obrigado dos últimos dous anos, o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga) e a Federación Galega de Xoieiros, volveron a poñer a proba a creatividade dos máis pequenos cun certame no que retaba a nenos de 0 a 12 anos a deseñar a xoia que lles gustaría regalar á súa nai.

A mecánica do certame, establecia que os menos e enenas tiñan de prazo ata o 4 de abril para realizar os deseños que, deberían subir á plataforma habilitada para o certame, os pais, titores legais ou profesores dos participantes. Durante o prazo de presentación dos deseños, as propostas participantes estiveron expostas na galería da plataforma, onde o público poido votar a súas candidaturas favoritas, pasando a ser finalistas os 10 deseños con máis votos de cada unha das catro categorías establecidas, que diferencian aos participantes por idades, de 0 a 4 anos, de 5 a 7, de 8 a 10 anos e de 11 a 12 anos de idade.

Unha vez rematado o prazo de presentación e votación pública, o xurado do certame integrado María Eugenia Pérez (Subdirectora Xeral de Innovación, Orientación e Formación de Recursos Humanos), Rubén Prol (Concelleiro de Educación, Mocidade e Políticas Lingüísticas e Mocidade de Santiago de Compostela), Juan Adrio (Director da EASD Mestre Mateo), Ramón Conde (Escultor), a xornalista María Xosé Rodríguez, ademáis de varios profesionais da xoiaría seleccionaron outros 10 deseños finalistas por grupo, que se sumaron aos elixidos por votación pública, e, entre todos os finalistas, seleccionaron os 12 gañadores do certame, tres por cada unha das categorías.

No acto de entrega de premios que tivo lugar o sábado 30 de abril ás 12h30 no Auditorio do CGAC, en Santiago de Compostela, e que contou coa presenza de un nutrido grupo de autoridades das distintas administracións públicas, arroupando aos 80 finalistas e as súas familias, desveláronse os gañadores que viron convertidas en realidade as pezas que deseñaron.

Os profesionais xoieiros que o fixeron posible son Félix Munín, Isabel Suárez e Ana García Fernández alumna da EASD Mestre Mateo, de Santiago de Compostela; Ardentia, Lizarriturri e Unión Joyera de Bergondo; Rosende Joyeros, de Ferrol; Joyería Fernández, de Sada; Raúl Pesqueira Fariña, de Marín e Kerale, de Viveiro.

Tomando como referencia os debuxos enviados polos menos e nenas, cada un dos xoieiros encargouse da creación dunha ou varias das xoias gañadoras. Tentando manterse o máis fiel posible ao deseño, decidiron o tipo de metal máis apropiado e a interpretación que mellor garantiu a súa execución técnica.

Estas doce xoias únicas dos premiados na XII edición do certame “Deseña unha xoia para a túa nai”, súmanse ás 114 xoias fabricadas con anterioridade nas pasadas edicións. Un premio que durará para sempre e que conta coa garantía de profesionalidade dos xoieiros colexiados de Galicia.

O Coxga e a Federación Galega de Xoiaría queren, con esta iniciativa, facer máis visible a profesión ante a sociedade, achegando os máis cativos ás posibilidades culturais e laboráis que ofrece o sector da xoiaría.

 

Listado de gañadores:

NOME APELIDOS IDADE
André Badal Allegue 3
Alba Gómez Pérez 3
Lola Catoira Ríos 4
Ximena Salgado Otero 6
Olivia Vidal Lemos 6
Hugo Quintáns Lorenzo 7
Alba Castro García 8
Elia Pastoriza Pineda 8
Candela Caiño Sanjorge 10
Desireé González Cancelas 11
Carla Peña Rodríguez 11
Claudia Queiro Reino 12

 

                                 Cola colaboración da:  

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com