Sonia Arnaiz, gañadora do Premio Xoiaría no desfile Despunte

O Museso da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, acolleu o pasado xoves a duodécima edición do desfile Despunte da EASD Mestre Mateo.

Desfilaron as coleccións do alumnado graduado e de último curso das Ensinanza Superiores en Deseño de Moda e os traballos finais do alumnado do Ciclo Superior de Xoiaría Artística.

Un xurado profesional elixiu os traballos premiados nesta nova edición de Despunte. No caso do Premio Xoiaría, patrocinado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, o xurado estivo composto por Luis González Bahamonde, vicepresidente do Colexio Oficial de xoiaría de Galicia, Josefa Castro, ourive e xerente de Noroeste Obradoiro e Arturo Ouro, presidente de Ourives de Compostela.

A colección de xoiaría gañadora foi á de Sonia Arnaiz Casal, autora de Golden Wave, un deseño formado por un anel, un broche e unha gargantilla de prata e ouro, que naceu da observación do mar, as olas e as súas formas.

Os nosos parabéns a todos os participantes e moi especialmente a Sonia Arnaiz Casal, a nova integrante do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia.

 

Entregaron o Premio a Sonia Arnaiz Casal, María Eugenia Pérez, Directora Xeral de FP e Arturo Ouro,

presidente de Ourives de Compostela.

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com