Katuxa Joyas celebra o seu dezaséis aniversario coa apertura da súa nova tenda na Praza do Toural en Santiago de Compostela

Katuxa Joyas celebra este mes os seus primeiros dezaseis anos desenrolando o seu proxecto de xoiaría de autor, coa apertura da súa nova tenda na Praza do Toural, situada ao comezo do casco antiguo de Santiago de Compostela e un dos puntos neurálxicos da vida social e comercial da cidade.

En concreto, a inauguración do novo establecemento tivo lugar o pasado sábado 3 de decembro, un evento que contou co apoio de Galicia Calidade e no que a deseñadora Katuxa Platero estivo acompañada pola xerente da marca de garantía, Ana Méndez, e por amigos e clientes e onde non faltou emotividade e moita ilusión.

A firma Katuxa Joyas adquiriu o selo Galicia Calidade no ano 2018, unha marca coñecida, consolidada e de prestixio que se otorga aos produtos e servizos galegos que superan os controis esixidos, con materias primas de alta calidade, de produción óptima e excelente servizo e que supón un recoñecemento ao esforzo. Na imaxe da esquerda aparece Katuxa Platero lucindo o pectoral da súa colección "Talismán", protagonista da Fashion Week de Londres 2022.

Ademais do selo de garantía de calidade, ao longo destes dezaseis anos a marca galega Katuxa Joyas foi catalogada polos principais blogguers franceses como referencia creativa do ano en materia de deseño (2016), foi a gañadora do concurso MadridJoya Designers, coa súa colección “En el jardín” (2017), participou, como expositora, en feiras internacionais de gran importancia no sector da xoiaría como Bijorhca (París) e as súas pezas estiveron presentes nun número considerable de pasarelas, sendo a máis recente a Fashion Week de Londres 2022, celebrada o pasado mes de outubro.

Katuxa Joyas é unha filosofía de estilo, centrada no deseño, o asesoramento e o trato personalizado. Sempre en continua renovación para adaptarse ás necesidades dos seus clientes, abre esta nova tenda co obxectivo de facer sentir máis cómodos aos seus clientes e mellorar a exposición dos seus artigos.

A amabilidade e a confortabilidade de estar como en casa é sempre unha das sensacións que perciben os clientes cando traspasan o umbral da porta na tenda Katuxa Joyas. Pero ademais, o deseño e a coidada atmósfera do establecemento transmite distinción, exclusividade, sensibilidade artística e orixinalidade.

Ademais, Katuxa Joyas, tamén achega as súas pezas aos clientes a través da súa páxina web (www.katuxaplatero.com) e redes sociais (Facebook e Instagram)

 

 

A deseñadora Katuxa Platero acompañada por Ana Méndez, xerente de Galicia calidade o pasado 3 de decembro na inauguración da nova tenda Katuxa Joyas.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com