22/12/2022
O Colexio Oficial de Xoiaría (Coxga) e a Federación Galega de Xoieiros presentamos esta mañá un entrañable spot de Nadal co que queremos poñer en valor a xoiaría. Centramos a mensaxe para esta campaña de Nadal nun alegato a favor do colectivo e en poñer en valor o papel das xoias en todas as etapas da vida. O anuncio busca demostrar que a mesma xoia pode ser posta por unha rapaza xove, unha persoa de mediana idade ou unha anciá, xa que ao final o que cambia é o contexto, pero o valor dunha xoia é eterno e permanece para sempre. De feito, a mensaxe que pecha o spot vai en consonancia con este argumento: "Unha xoia para todas as vidas".
A historia comeza nun fogar onde unha muller prepara unha mesa para recibir aos seus convidados e, cando se vai a arreglar, dase conta de que a súa filla levou consigo a súa xoia máis especial. Cando a muller intenta interceptar á xove, xa é demasiado tarde pois está escapando á súa festa de Nadal. Alí baila e desfruta cos seus amigos pero cando volve á casa pasa polo xoieiro de súa nai para devolver a xoia e ahí é onde aparece a imaxe da súa avoa lucindo a mesma xoia. É un conto de Nadal que narra a entrañable historia dunha xoia e tres xeracións de mulleres, cada unha no seu contexto, pero cun elemento que as une, o valor desa xoia que pasa de xeración en xeración adaptándose a todos os tempos.
O anuncio pódese ver a través das redes sociais do Colexio, Instagram e Facebook, e a través das canles de Youtube e Vimeo.
O spot está protagonizado pola influencer e experta en moda Natalia Alcayde, pola periodista e modelo Lara Fontenla e no papel de avoa, participou Maricarmen Díaz Piñeiro, a propia avoa de Lara Fontenla.
Pincha na imaxe para ver o anuncio:
Cola colaboración da: