Por terceiro ano consecutivo, e co aval do éxito da edición do 2011, na que xa se recibiron máis de 5.000 debuxos, convocamos desde o Colexio Oficial de XoiarÃa de Galicia a III edición do Certame de deseño para nenos e nenas de ata 12 anos “Deseña unha Xoia para a túa naiâ€.
Con esta actividade pretendemos estimular a creación artÃstica, en relación cunha profesión estreitamente vinculada ao mundo do arte, pois unha xoia, ademais de constituir un complemento capaz de reflectir un determinado contexto histórico, social, cultural ou xeográfico, é o resultado final dunha forma de expresión plástica.
Con este certame tamén queremos fomentar a creatividade e imaxinación dos máis pequenos.
Entre todos os debuxos recibidos no Colexio Oficial de XoiarÃa, seleccionaranse 80 finalistas e premiaranse a 12 destes (3 por cada categorÃa) cun premio especial que consiste na realización do seu deseño nunha xoia feita por fabricantes galegos do Colexio Oficial de XoiarÃa de Galicia.
As bases completas e o dÃptico para debuxar están como documentos anexos a esta noticia, á vosa disposición.
Descargar bases en castelán
Descargar bases en galego
Descargar dÃptico