Un exemplo de inclusión en diamante: a nube pantasma

Un exemplo de inclusión en diamante: A nube “pantasma”

Para leer el artículo en castellano pincha aquí.

Texto e imaxes: Juan Cristóbal Fernández Casas

Xemólogo colexiado nº G0062


Dentro das características internas que, ademais de admirar pola súa beleza, usamos para clasificar os diamantes segundo o seu grado de pureza, falaremos hoxe dunha das visualmente máis espectaculares: as nubes.

Aínda que a súa composición non estea a día de hoxe totalmente aclarada, créese que están formadas por miles de pequenos sólidos ou cavidades negativas (de 1 micra de tamaño ou menores) de diferentes minerais ou ben recheas de gases, que poden adoptar formas libres, parecidas a pequenas nubes ou volutas de fume, ou tomar a apariencia, e estas son as máis espectaculares, de estruturas que nos recordan a cristalografía cúbica do mineral hospedador, polo que se denominan “pantasmas” que aparecen con relativa dificultade dentro do diamante. Isto inclúe nubes con forma de cubo, outras aparentemente hexagonais ou recordando unha estrela (orixinadas polo crecemento hexaoctaédrico ou hexatetraédico), triangulares por ser paralelas a unha cara do octaedro e, quizais a máis difícil de atopar, con forma de cruz de Malta.

A mellor forma de observalas ó microscopio é coa axuda da fibra óptica, aínda que nas fotografías que acompañan este texto se utilizara a iluminación ultravioleta de onda longa, que axuda a destacar a espectacularidade da inclusión.

A súa cor máis habitual é o branco, pero exemplos amarelos ou marrón-amarillento, así como grises ou case negros non son estraños. A luz ultravioleta pode facer que a súa cor apareza branco – azulado ou incluso verdoso.

A que podemos observar nestas imaxes ten forma claramente de cubo. Pénsase que, como todos os “cristais pantasma” que aparecen en numerosas variedades xemolóxicas, se formaron ó principio da xénese do mineral e foron desenrolándose conforme este crecía e adoptando a súa apariencia cristalográfica. A veces deteñen o seu crecemento e é posible ver con claridade a súa forma destacada no contorno xeral da xema que seguiu crecendo máis que a súa inclusión. Outras veces, como neste exemplo, poderemos ver que a figura no seu contorno exterior, mostra liñas que nos indican sucesivas etapas de crecemento da inclusión. A nosa nube “pantasma”, coa súa forma cúbica, danos un dato interesante: que a tabla do brillante que a contén foi tallada paralela a unha cara do cubo do diamante en bruto, o que na xerga dos talladores se coñece como “catro puntas”.

É importante tamén sinalar que figuras desta índole son moi apreciadas por coleccionistas, que pagan grandes sumas de diñeiro por inclusións únicas e exclusivas, incluso por parellas de diamantes contendo a mesma ó tallarse os dous da mesma pedra en bruto.

 

 

 

 

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com