A xema do mes de decembro: a Turquesa

Texto e imaxes: Juan Cristóbal Fernández Casas

 Xemólogo colexiado nº G0062

Para leer el artículo en castellano pinchar aquí.

 

A pedra que aceptamos como correspondente ó mes de decembro e, quizais, unha das primeiras coñecidas e usadas na historia do home. Dende o ano 8000 antes de Cristo as culturas pre-canaanitas xa extraían este mineral ó sur oeste do Sinaí. Nos anos posteriores comeza o seu aproveitamento en zonas do actual Exipto, e, da que provén a súa mellor calidade, a do actual Irán, coñécese a súa extracción xa no ano 4000 a.C. en Nishapur. Acerca da súa outra orixe en escala de importancia, o correspondente a Mesoamérica, documentamos a súa minería no ano 1800 a.C.

 

Este fosfato hidratado de cobre e aluminio aparece en forma masiva, en concrecións ou costras e enchendo vetas ou cavidade (en zonas de fracturas de rocas ou pequenos petos) e incluso, raramente, en forma de pequenos cristais curtos e de forma columnar. Aparece tamén tinguindo osos (Odontolita), en forma de falso fósil, adoptando formas tubulares en crecemento con outros minerais como óxidos de ferro, cuarzo ou mica e como pseudomorfo co mineral apatito.

 

A súa orixe é secundaria aparecendo xeralmente en zonas áridas, e fórmase pola acción de augas superficiais sobre rochas que conteñen aluminio e fósforo e baixo a presenza de cobre, polo que é común atopar xacementos de turquesa preto de outros deste elemento, así como nos de ouro.

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com