A Moissanita

Texto e imaxes: Juan Cristóbal Fernández Casas

Xemólogo colexiado nº G0062

Para leer el artículo en castellano, pinchar aquí.

O traballo do químico Henri Moissan (1852 – 1907) é coñecido por desenrolar o forno eléctrico para a preparación de óxidos metálicos e polo seu descubrimento para illar o Fluor, polo que recibiu o premio Nobel en 1906. Dous anos antes, nun meteorito atopado no Cañón do Diablo en Arizona (USA) atopou un  mineral que posteriormente se chamou Moissanita na súa honra.

Dada a súa dureza de 9,25 na escala de Mohs, durante todos estes anos foi sintetizado e utilizado como abrasivo co nome de Carborundo, e todos os ourives o usamos no taller principalmente para o afiado de ferramentas, ben en forma de pedras ou como moas para o motor. En 1996 a empresa C3 Inc (posteriormente chamada Charles & Colvard) comezou a comercialización de xemas sintéticas deste mineral que, polo seu parecido ó diamante, provocaron ó principio un gran desconcerto no mercado pois os aparatos anteriormente usados para diferenciar o diamante das súas imitacións non funcionaban con este novo produto, problema que de forma cíclica se repite cada certo tempo coa aparición de pedras talladas que entran nos nosos mercados.

As características para identificala son, sen embargo, moi sinxelos, e cun pouco de práctica case o único que precisaremos será una lupa 10X para separala dun diamante. Contrariamente ó diamante natural, a Moissanita sintetizada por sublimación pertence ó sistema hexagonal, o que unido a súa birrefrinxencia de 0,043 daranos baixo aumento un desdobramento das facetas. Tallada co seu eixe óptico perpendicular á táboa, para ver ese desdobramento debemos mirar, non a través dela, senón polas facetas da coroa enfocando o culet. A dispersión, de 0,104 é tamén moi alta e moi diferente á do diamante e daríanos demasiadas cores espectrais, polo que para disimulala tallan a coroa con pouca altura, que é tamén unha maneira de sospeitar dun exemplar que chegue ás nosas mans. Adoitan ser case incoloras, aínda que case a total maioría veñen nun rango, comparándoas cos patróns de diamante de cor entre I-O coa terminoloxía GIA. Outro método de identificación, aínda que non é recomendable a súa utilización polos posibles perigos, é quentala. Entre os 100 e os 400 graos cambia de cor progresivamente ata adquirir un ton amarelo que é máis intenso conforme se incrementa a temperatura, volvendo á súa cor orixinal ó enfriarse. Baixo aumento, na case totalidade dos exemplares analizados é posible ver inclusións aciculares branqueciñas que en ocasións adquiren aspecto plano así como cavidades de forma hexagonal. Nas fotografías que acompañamos ó texto agardamos que poidades aprecialo con facilidade. Foron tomadas dun exemplar cedido amablemente por Francisco Rosende, xemólogo e colega de Rosende Joyeros de Ferrol.

Ante un posible exemplar sospeitoso, primeiro fixádevos no seu aspecto (demasiadas cores espectrais ou “tintineo”, coroa esrañamente con pouca altura, cor amarela verdosa sospeitoso, descrito a veces como “aceitoso”). Mirade sempre baixo aumento, buscar o desdobramento das facetas do pavillón a través das da coroa ou a existencia de inclusións como as descritas anteriormente. Os aparatos usados hai anos para diferenciar os diamantes das súas imitacións non serven coa Moissanita. Se comprades un que o garanta asegurádevos que é dunha marca coñecida e seguide as instrucións do fabricante.

A partir da súa comercialización nos anos 90, cada ano adoitan aparecer intentos de fraude con esta xema, non só tallada senón en cores de fantasía como o rosa, por exemplo, debido a un recubrimento de titanio e ferro, ou ben imitando as formas naturais sen tallar dun diamante como os octaedros. Estes fraudes sempre se levan a cabo en canais distintos dos habituais, polo que calquera intento de venda fóra dos cauces coñecidos deben resultarnos sospeitosos.

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com