Exemplar de cuarzo Herkimer

Texto e imaxes: Juan Cristóbal Fernández Casas

Xemólogo colexiado nº G0062

Para leer el artículo en castellano, pincha aquí.

 

Para calquera coleccionista de minerais ou xemas unha das súas primeiras opcións, ben pola gran variedade que presenta ou polo seu relativo baixo prezo en comparación con outros exemplares, é a pertencente ao grupo do cuarzo. O que hoxe nos ocupa é un exemplar de cuarzo incoloro ou cristal de roca. Son coleccionados, non tanto pola súa beleza, ausencia desta que para moitos é debida á súa falta de cor, senón case sempre pola súa boa formación cristalográfica ou pola existencia no seu interior de inclusións típicas que lle outorgan características admirables para que formen parte de calquera colección.

Coñecido o noso exemplar co nome de cuarzo Herkimer, pola súa orixe na zona de Middleville, ao sur do condado de Herkimer, situado no estado de Nova York, atópase en zonas do período Cámbrico cunha antigüidade duns 500 millóns de anos. Aparece en pequenas cavidades, en grupos ou bolsas, ou ben a veces como exemplares soltos, a miúdo con bo hábito cristalino en prismas biterminados. Parece ser que os mellores exemplares son os que non teñen contacto ao longo do seu desenrolo coa cavidade na que son creados. Atópanse tamén como cuarzos fantasma, esqueletos ou ben con forma de cetro.

Aínda que a súa falta de cor poida restarlle beleza, son as súas inclusións, aparte das que podamos atopar e sean comúns a todos os cuarzos, as que os fan tan coleccionables. Consisten estas en sólidos negros de material carbonáceo de aspecto moi evidente e fácilmente identificables. O exemplar que hoxe presentamos inclúe, ademáis destas, unha inclusión bifásica rechea de líquido e un sólido negro, que podedes ver na fotografía que acompaña este texto.

Como adoita acontecer, atoparemos estos minerais á venda con nomes comerciais equívocos, como diamante Herkimer ou diamante Middleville.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com