Dámosvos a benvida á nosa páxina web, un espazo de portas abertas, tanto para os nosos profesionais colexiados, coma para o conxunto da sociedade, que ten acceso á información do sector e, por exemplo, á xeolocalización de establecementos comerciais que contan, como mínimo, cun profesional colexiado.
Dende a constitución do Colexio, no 2007, vivimos uns anos de moito traballo, pero agora o noso labor non rematou, senón que dá paso a algo novo, a unha nova andadura, ilusionante e positiva para todos nós, na que, entre todos, debemos axudar ó seu crecemento e desenvolvemento.
Os tempos cambian e debemos reinventarnos cada día, sendo capaces de adaptarnos a calquera novidade, formándonos e tendo en conta que a defensa dos dereitos dos profesionais e dos consumidores son os nosos bastións.
Nesta época de loita e de primacía de calidade e honestidade, seguimos traballando na consecución do noso soño, que non é outro que a dignificación dos profesionais da xoiaría e o recoñecemento social tanto dos nosos intereses como os daqueles que reciben o noso traballo e dedicación. Nos tempos nos que vivimos, consideramos non só imprescindible defender ós profesionais colexiados, senón tamén, velar polos intereses dos consumidores para que reciban o trato profesional que se merecen.
“A unión fai a forza” non é unha expresión inútil e debemos ter presente que o Colexio é noso, de todos e cada un dos profesionais que o integramos e será todo o eficaz, todo o eficiente e todo o útil que nós mesmos desexemos que sexa, dependendo só da nosa vontade, do noso esforzo e da nosa colaboración, da de cada un.
Desexando que este espazo vos sirva de referencia, tanto a nivel de información legal coma para a vosa axenda, envíovos un cordial saúdo e preséntovos, a continuación, os equipos de traballo do Colexio Oficial de Xoiaría para estes vindeiros catro anos.
D. Óscar Rodríguez Blanco
Presidente
Xunta de Goberno | |
---|---|
Presidente | D. Óscar Rodríguez Blanco |
Vicepresidente 1º | D. Pablo García Regueira |
Vicepresidente 2º | D. Luis González Bahamonde |
Tesoureiro-Contador | Dª. Mª Isabel Carlín Suárez |
Secretaria | D.ª Katuxa Platero Seoane |
Vogal | Dª. María Teresa López Romero |
Vogal | D. José Antonio García Pardo |
Vogal | D. José Luis Míguez Cristobal |
Vogal | D. Celso Santos Pereira Varela |
Vogal | D. Fernando García Bourrellier |
Asesoría Xurídica | D. José Carlos García Cumplido |
Comisión de Xemoloxía |
---|
D. Juan Cristóbal Fernández Casás (Presidente) |
D. Odilo Fernández Fernández |
D. Humberto Fernández González |
D. Francisco Rosende Calderón |
D. Daniel del Palacio y Peña |
D. Pablo García Regueira |
Comisión de Artesanía |
---|
D.ª Mª Begoña Llácer Moreno |
D. Carlos Louro Martínez |
D.ª Paula Silva Gómez |
Comisión de Formación |
---|
D. Rafael Granados Guillén (Presidente) |
D.ª Cristina Rodríguez Suárez |
D. Luis González Bahamonde |
Comisión de Fabricantes |
---|
D. Luis González Bahamonde (Presidente) |
D. Enrique G. Fink Fernández |
D. Fernando García Bourrellier |
D. Óscar Rodríguez Blanco |
Comisión de Formación |
---|
D. Rafael Granados Guillén (Presidente) |
D.ª Soledad Mato Fernández |
D.ª Cristina Rodríguez Suárez |
D. Luis González Bahamonde |