Benvida e organigrama

Oscar Rodriguez - Presidente do Colexio de XoiaríaDámosvos a benvida á nosa páxina web, un espazo de portas abertas, tanto para os nosos profesionais colexiados, coma para o conxunto da sociedade, que ten acceso á información do sector e, por exemplo, á xeolocalización de establecementos comerciais que contan, como mínimo, cun profesional colexiado.

Dende a constitución do Colexio, no 2007, vivimos uns anos de moito traballo, pero agora o noso labor non rematou, senón que dá paso a algo novo, a unha nova andadura, ilusionante e positiva para todos nós, na que, entre todos, debemos axudar ó seu crecemento e desenvolvemento.

Os tempos cambian e debemos reinventarnos cada día, sendo capaces de adaptarnos a calquera novidade, formándonos e tendo en conta que a defensa dos dereitos dos profesionais e dos consumidores son os nosos bastións.

Nesta época de loita e de primacía de calidade e honestidade, seguimos traballando na consecución do noso soño, que non é outro que a dignificación dos profesionais da xoiaría e o recoñecemento social tanto dos nosos intereses como os daqueles que reciben o noso traballo e dedicación. Nos tempos nos que vivimos, consideramos non só imprescindible defender ós profesionais colexiados, senón tamén, velar polos intereses dos consumidores para que reciban o trato profesional que se merecen.

“A unión fai a forza” non é unha expresión inútil e debemos ter presente que o Colexio é noso, de todos e cada un dos profesionais que o integramos e será todo o eficaz, todo o eficiente e todo o útil que nós mesmos desexemos que sexa, dependendo só da nosa vontade, do noso esforzo e da nosa colaboración, da de cada un.

Desexando que este espazo vos sirva de referencia, tanto a nivel de información legal coma para a vosa axenda, envíovos un cordial saúdo e preséntovos, a continuación, os equipos de traballo do Colexio Oficial de Xoiaría para estes vindeiros catro anos.

D. Óscar Rodríguez Blanco
Presidente


 
Xunta de Goberno  
Presidente D. Óscar Rodríguez Blanco
Vicepresidente 1º D. Pablo García Regueira
Vicepresidente 2º D. Luis González Bahamonde
Tesoureiro-Contador Dª. Mª Isabel Carlín Suárez
Secretaria D.ª Katuxa Platero Seoane
Vogal Dª. María Teresa López Romero
Vogal D. José Antonio García Pardo
Vogal D. José Luis Míguez Cristobal
Vogal D. Celso Santos Pereira Varela
Vogal D. Fernando García Bourrellier
Asesoría Xurídica D. José Carlos García Cumplido
 
Comisión de Xemoloxía
D. Juan Cristóbal Fernández Casás (Presidente)
D. Odilo Fernández Fernández
D. Humberto Fernández González
D. Francisco Rosende Calderón
D. Daniel del Palacio y Peña
D. Pablo García Regueira

 

 
Comisión de Artesanía
D.ª Mª Begoña Llácer Moreno
D. Carlos Louro Martínez
D.ª Paula Silva Gómez
 
Comisión de Formación
D. Rafael Granados Guillén (Presidente)
D.ª Cristina Rodríguez Suárez
D. Luis González Bahamonde
 
Comisión de Fabricantes
D. Luis González Bahamonde (Presidente)
D. Enrique G. Fink Fernández
D. Fernando García Bourrellier
D. Óscar Rodríguez Blanco

 

Comisión de Formación
D. Rafael Granados Guillén (Presidente)
D.ª Soledad Mato Fernández
D.ª Cristina Rodríguez Suárez
D. Luis González Bahamonde

 

Comisión de Galicia Calidade
D. Óscar Rodríguez Blanco (Presidente)
D. Enrique Fink Fernández
D. Fernando García Bourrelier
D. Luis González Bahamonde

 

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com