Tal e como expresa a exposición de motivos da súa propia Lei de creación, o Colexio terá como fins esenciais, a ordenación do exercicio da profesión dentro do marco legal respectivo, a representación desta e a defensa dos intereses das persoas colexiadas.
Por outra banda, corresponde tamén ao Colexio, garantir que o exercicio da profesión se axuste ás normas e regras que aseguren tanto a eficacia coma a eventual responsabilidade en tal exercicio, e polo tanto a finalidade última, que é a protección dos dereitos dos cidadáns e cidadás.
A estrutura e funcionamento desta Corporación, réxese polos Estatutos do Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia, aprobados con carácter definitivo por Decreto 299/2008, do 9 de outubro da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.