15/05/2013
O 30 de abril tivemos a entrega dos premios do IV Certame Deseña unha xoia para a túa nai. Xa publicamos hai uns días as fotos dos deseños gañadores e das xoias realizadas polos xoieiros. Hoxe tamén subimos as fotos do acto: a chegada das familias e dos amigos au Auditorio, a recollida das mochilas e dos diplomas polos 80 finalistas, así como a entrega de premios e as fotos no photocall do Colexio Oficial de Xoiaría.
Podedes ver estas fotos premendo aquí.
Tamén podedes ver as fotos dos 12 deseños gañadores e das xoias realizadas, premendo aquí.
Os 80 deseños finalistas seguen todos á vosa dispocición, premendo aquí.
Os nomes dos membros do Xurado que tivo a difícil tarefa de escoller 80 finalistas e 12 gañadores entre os case 8.000 deseños recibidos, segue a vosa disposición aquí.
Nuns días subiremos tamén a presentación que fixemos, na pantalla, durante o acto, acompañada da música que sonou desde a apertura de portas: Marful.