Este curso de iniciación ao programa de deseño 3Design, ofertado pola EASD Mestre Mateo, en colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría, é o resultado da cooperación entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía e Industria.
Ideouse como espazo de relación entre profesionais e estudiantes de xoiaría.
Iniciación a
3Design v7:
Impartido por Marcos Márquez (Profesional de MasTaller, Ardentia)
40 horas en total
Primeira parte: venres 31 de maio, sábado 1 e domingo 2 de xuño 2013
venres: 16h-21h
sábado: 9h-14h e 16h-21h
domingo: 9h-14h
na EASD Mestre Mateo
Segunda parte: venres 14, sábado 15 e domingo 16 de xuño 2013
venres: 16h-21h
sábado: 9h-14h e 16h-21h
na EASD Mestre Mateo
domingo: 9h-14h
en MasTaller
Prazas dispoñibles: 16
(8 profesionais, cota 220 € e 8 estudantes, cota: 120 €)
3Design é un programa de deseño específico de xoiaría, por ordenador, en 3D.
Neste curso de achegamento da xoiaría ás TIC, o alumnado aprenderá a estrutura do interface do programa e menús e debuxará en 2D e 3D con sólidos e superficies.
Tamén creará presentacións fotorrealistas e preparará a peza de xoiaría para a súa posterior produción.
Ao final do curso, o alumnado poderá desenvolver pezas en 3D, tanto para prototipar coma para realizar catálogos e mostralos nunha páxina web.
O alumnado será capaz de deseñar interactivamente cos seus clientes, en tempo real, calquera xoia.
A cota de inscrición inclúe as chaves para utilización do programa durante todo o curso e a fundición dunha peza prototipada.
Información inscricións:
Estudantes: secretaría da EASD Mestre Mateo, 981 587 757
Profesionais: oficina do Colexio Oficial de Xoiaría, 981 598 858