Entrega de Premios I Concurso de deseño San Eloi

Xa se están repartindo os convites para a entrega de Premios do I Concurso San Eloi de xóvenes deseñadores.

Contaremos para este acto coa presenza dos 10 finalistas, acompañados por colexiados, membros do xurado e dos representantes das entidades que sempre apoian o traballo do noso Colexio.

Podedes ver as propostas de deseño dos 10 finalistas premendo aquí, ou escollendo a continuación, o nome e apelidos dos finalistas:

Deseño nº 1: Sonia Fernández Gandásegui
  Deseño3: Rubén Boga Ares
  Deseño4: Mara Vázquez Lago
  Deseño 5: Marta García Arcos
  Deseño9: Raquel Sánchez Ballesteros
  Deseño10: Daniel González Abalde
  Deseño18: Bibiana García Vilas
  Deseño28: Pilar Ortiz Carvajal
  Deseño32: Carmen Rey Diz
  Deseño34: Adrián Desiderio Aliaga Bernabeu

Entre estas 10 persoas, que se inspiraron da temática da choiva para a súa proposta, están os gañadores dos premios que se darán a coñecer neste acto, e que foron escollidos polo seguinte xurado:

Alfonso Pérez
Cristina Rodríguez
Enrique Fink
Fernando García
Luis González
Oscar Rodríguez

Lembramos que os premios da primeira edición do Concurso de San Eloi son:
1º: 1.000 euros
2º: 500 euros
3º: 200 euros

O acto de entrega terá lugar o luns 10 de xuño, ás 21h, no CGAC.
O CGAC non abre ao público os luns, polo que é indispensable identificarse previamente na oficina do Colexio como asistente, para poder estar presente no acto.

A II edición deste concurso (nacido para fallarse o día de San Eloi) convocarase en breve, para ter o proceso realizado antes do domingo 1 de decembro (día de San Eloi, patrón dos xoieiros), data da Gala anual do Colexio Oficial de Xoiaría, na que se entregarán os premios.

 

← volver

Vídeo podcast

Maridaxe con Xoias

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com