Bijorhca, do 5 ao 8 de xullo 2013, en París

Nunha semana empeza Bijorhca, en París, na que teremos unha representación de profesionais colexiados. Esta feira de xoiaría e bixutaría, exclusivamente reservada a profesionais, ten lugar do 5 ao 8 de xullo, e así permite a venda e distribución para a tempada de outono-inverno 2013.

Ardentia e Silvereira son dúas das empresas de profesionais colexiados que xa levan varias edicións expoñendo nesta feira e aproveitan para citarse cos seus clientes habituais dunha edición a outra.

Ademais, este ano, dúas coleccións de xoias de Ardentia foron seleccionadas para o espazo Precious Gallery. Este apartado da feira é unha vitrina de referencia para os compradores de ouro e prata. Aquí, nunhas vitrinas especialmente deseñadas para a comodidade do comprador, póñense en valor os produtos seleccionados:

 

 

Para acceder á web da feira, premer na imaxe:

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com