Xa faltan moi poucos días para Iberjoya

Do 11 ao 15 de setembro terá lugar a 50ª edición da feira Iberjoya, en Ifema (Madrid) na que estarán presentes varios colexiados, amparados por Galicia Calidade e Artesanía de Galicia. Estarán expoñendo, de maneira agrupada, no espazo 10F20 do Pabellón 10. Tamén teñen programada unha presentación de novidades á prensa e ao público profesional presente, o xoves 12 de setembro, ás 11h, acompañados pola actriz galega María Castro.

O Colexio Oficial de Xoiaría convida a todos os seus colexiados a que visiten esta feira e para iso colabora con Ifema para que poidan obter a súa acreditación dun xeito moi áxil e gratuíto.
Os colexiados poden acceder directamente desde o taboleiro para colexiados á inscripción online, que lles facilitará o pase para a feira.
Nesa entrada do taboleiro (27-07-2013) figuran detalladas as condicións de acreditación (cun código de acceso e co número de colexiado).
En caso de dúbida, consultar coa oficina do Colexio para acordar o trámite.

Para máis información sobre Iberjoya, premer aquí.

Para acceder ás actividades programadas durante Iberjoya (de interese para fabricantes e para tendas), premer aquí.

Tamén teremos colexiados expoñendo na feira Bisutex, que ten lugar no mesmo recinto de Ifema, os mesmos días. Para acceder á información de Bisutex, premer aquí.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com