Platacero presenta en Iberjoya e Hong Kong Jewelry Fair os productos oficiais para a 2014 Fifa World Cup

Hai unhas semanas, xa vos informamos que a empresa duns dos nosos colexiados, Platacero, é licenciataria oficial e única para a FIFA World Cup que se celebrará en Brasil no verán 2014. Agora están de novo de actualidade, xa que presentan os seus produtos de prata e METALGOLD® na feira Iberjoya, en Ifema-Madrid, do 11 ao 15 de setembro.

Nuns días esta presentación farase en Hong Kong, na feira Hong Kong Jewelry Fair, que ten lugar do 13 ao 17 de setembro.

A firma Platacero xa é asídua expostora de Iberjoya, pero nesta edición amosa por primeira vez as creacións que sairán á venda nuns días, en máis de 70 países, baixo licencia da FIFA.

Para esta presentación oficial, tanto aos medios de comunicación como aos profesionais da xoiaría alí presentes, Platacero escolleu os deseños máis significativos, xa que o catálogo completo presentarase con máis de 200 referencias a finais de mes.

Para máis información, podedes acceder á web desta empresa de Noia: www.platacero.es

As referencias inclúen todo tipo de colgantes, pulseiras, pendentes, xemelgos e pasadores de garabata, colgabolsos (cada día máis prácticos e indispensables) e moitas outras máis, con acabado en prata, ouro e ouro rosa, tanto para mulleres, como para homes, nenos e nenas.

Nesta nova aventura, Platacero aposta moi forte á hora de unir a calidade en xoiaría con deseños modernos, elegantes e frescos, referidos ao mundo do fútbol (sic Anya Martínez, xerente de Platacero e unha das nosas colexiadas).

Unha parte do equipo comercial de Platacero xa está agora mesmo en Hong Kong onde están a preparar a súa asistencia á feira Hong Kong Jewelry Fair, do 13 ao 17 de setembro. Alí tamén darán a coñecer, desta vez ao mercado asiático e de Oriente Medio todos os produtos do catálogo 2014 FIFA World Cup, que terá lugar en Brasil, en xuño e xullo do 2014.
Para máis infor
mación, podedes contactar con Platacero ou visitalos directamente no seu stand en Iberjoya 10H30.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com