Exitosa presenza da xoiaría galega en Iberjoya 2013

A xoiaría galega, amparada por Galicia Calidade e Artesanía de Galicia, tivo unha presenza destacada nesta última edición de Iberjoya, a semana pasada, no recinto de Ifema-Madrid.

Ademais da presentación da xoiaría realizada cos parámetros de calidade definidos no convenio de Galicia Calidade co Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, as cinco xoiarías presentes tiveron unha madriña de luxo: a guapa, encantadora e tan profesional María Castro.

O xoves 12 de setembro, día da presentación destas xoiarías aos medios, María Castro exerceu de madriña, guiando aos asistentes polos cinco stands de:

Ardentia
Fink Orfebres
Oscar Rodríguez Joyeros
Piropo Joyas
Unión Joyera de Bergondo

Puxemos á vosa disposición un pequeno albume de fotos deste momento, ao que podedes acceder, premendo aquí.

Iberjoya está sendo un punto de encontro indispensable para os nosos fabricantes de xoiaría, que aproveitan esta cita para presentar as súas novidades, reunirse con clientes xa afianzados ou contactar con novos compradores. Nesta feira tamén se fan operacións de exportación de xoiaría, xa que os pedidos son para diversos países.

Tamén os nosos colexiados que son compradores souperon sacarlle partido a Iberjoya. Sabemos que moitos aproveitaron esta edición de setembro para coñecer as novidades e facer os seus correspondentes pedidos, en previsión da campaña do Nadal que está á volta da esquina...

Agora só nos queda darlles a benvida de novo aquí a todas e todos e desexarlles moita sorte, fabricando e vendendo xoiaría de calidade.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com