A blogueira Lovely Pepa coa xoiaría de Galicia Calidade

Na mañán do sábado 5 de outubro tivo lugar en Bergondo un encontro entrañable entre a blogueira galega de moda Lovely Pepa (Alexandra Pereira) e os xoieiros amparados por Galicia Calidade que estiveron tamén expoñendo xuntos na feira Iberjoya.

Aproveitaron este encontro para darse a coñecer mútuamente. Houbo un tempo para charla tranquila pero tamén para unha visita técnica do obradoiro de Ardentia, punto de encontro da cita, así como para probar todas as xoias alí presentadas.
Os xoieiros de Ardentia, Fink Orfebres, Oscar Rodríguez, Piropo Joyas e a Unión Joyera de Bergondo amosáronlle as súas coleccións de xoias e houbo tamén tempo para unha sesión de fotos, como non, sendo unha cita cunha blogueira de moda tan influinte entre a xuventude do noso país.

Premendo aquí, podedes acceder a todas as fotos que recibimos deste encontro.

Lovely Pepa tamén fixo unha reseña desta cita no seu blog. Para acceder directamente á nova, na que conta a súa orixinal visita, premer aquí.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com