Nesta noite de sábado 26 a domingo 27 de outubro cambiamos a hora. Temos que atrasar os reloxos unha hora, para estar no horario de inverno.
Este cambio debe facerse, oficialmente, o domingo 27 de outubro ás 3h, cambiando o reloxo para as 2h.
O cambio de hora ten lugar dúas veces ao ano, cun obxectivo de aforro enerxético e está programado para os últimos domingos de marzo e outubro.
Esta medida leva sendo oficial en España desde o 1974.
Lembrade que si vos xurde algunha dúbida sobre os vosos reloxos, os seus axustes, todos os nosos reloxeiros estarán encantados de axudarvos a resolvela.
Acudide a eles, son profesionais.
A foto coa que ilustramos este comunicado é dun detalle de reloxo de 12Horas, empresa dun dos nosos colexiados.