28/10/2013
Hai uns días tivemos a honra de estar na reinauguración da tenda de Katuxa Platero, en Santiago de Compostela. Ese día tamén celebraba os sete primeiros anos da tenda Katuxa Platero Joyería de Autor, que está na rúa do Vilar, 45.
Ademais de pasar un momento moi agradable, tivemos a sorte de descubrir, en primicia, as reformas levadas a cabo pola nosa colexiada. A tenda luce agora un aspecto moderno, agradable, fresco, diferente e moi acolledor. As xoias vense moito mellor e todo está ubicado para que a elección se faga do mellor xeito posible.
A outra tenda posta en marcha por Katuxa Platero estes días é a súa "tenda online", que permite mercar as súas creacións, desde calquera punto do mundo.
Súmase así ao listado de profesionais que ofrecen o seu traballo desde Galicia hacia o mundo.
Desexámoslle moita sorte!
Para acceder á web, podedes premer aquí ou na imaxe:
colar: Katuxa Platero foto: Rosa Taboada