20/11/2013
O sábado 23 de novembro recibimos, en Santiago de Compostela, a Giovanna Tagliavía, Directora da AEJPR (Asociación Española de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros), para impartirnos unha conferencia sobre:
O Regulamento de Branqueo de Capitais aplicado ao sector da xoiaría.
Logo da presión exercida por diversas impresas sobre á obrigatoriedade dos cursos de prevención de branqueo de capitais e outras obrigas que impón a normativa de loita contra o branqueo de capitais, agora temos a oportunidade de coñecer, de primeira man, absolutamente todo o contido deste Regulamento e a súa aplicación á xoiaría.
Ademais, poderemos consultar todas as nosas dúbidas á Directora da Asociación Española de Xoieiros, persoa que estivo traballando, en nome do Colexio e das asociacións que conforman a AEJPR, directamente cos responsables da redacción do Regulamento.
Non podedes faltar a esta presentación, de moita importancia para o voso negocio!
No Colexio estamos á vosa enteira disposición para calquera aclaración.
Esta conferencia terá lugar, ás 19h, a continuación da Asemblea Anual do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, no Salón de actos do CSC Fontiñas.