Premio da DX de Comercio á xoiaría máis antiga de Galicia

O mércores 2 de abril, estivemos na entrega dos Premios finais da Direción Xeral de Comercio da Xunta, para "A semana do teu comercio", na que se premiaron os establecementos comerciais máis lonxevos de Galicia.
Tivemos a grata sorpresa de descubrir que a xoiaría máis antiga de Galicia é a Joyería Villar, de Cambados, rexentada por dous dos nosos colexiados: Santiago e Juan Villar, a cuarta xeración da xoiaría. Iso sí, a persoa que recolleu o premio foi Juan Manuel Villar, neto de Gerardo Villar, o fundador.
Juan Manuel Villar
, a pesar de levar varios anos xubilado, segue pasándose pola tenda case a cotío.
Desde aquí dámoslles os nosos parabéns por tantos anos e desexámoslles moita sorte para seguir.
No seguinte número de Alento, a revista do Colexio, falaremos con eles para que nos conten a súa experiencia.

 

Aquí unha foto da entrega do Diploma ao Comercio máis antigo de Cambados,
no 2013 (cortesía Diario de Arousa):



← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com