21/10/2014
Esta fin de semana, na noite do sábado 25 ao domingo 26 de outubro, cambiamos a hora e entramos no horario de inverno. Isto significa que atrasamos os reloxos unha hora. Ás 3h da mañán serán as 2h.
Recomendamos que teñades coidado ao manipular certos reloxos e non dubidedes en achegarvos ao reloxeiro da vosa zona para que vos asesore ou vos faga el mesmo o cambio, desde a súa situación de profesional. Xa sabedes que se ademais é un reloxeiro colexiado, a garantía é máxima.
O cambio horario ten lugar dúas veces ao ano, en primavera (último domingo de marzo) e en outono (último domingo de outubro), nuns 70 países por todo o mundo.
Este cambio faise para reducir o consumo de enerxía.
Premendo aquí podedes acceder ao mapa mundial cos distintos horarios.