A xoiaría reloxaría Prada premiada polos seus clientes

Os participantes na campaña Máis que Comercio, do Centro Comercial Aberto do Couto, en Ourense, votaron masivamente ao establecemento dos nosos colexiados, Joyería Relojería Prada, conseguindo que fose o comercio mellor valorado da zona durante todo o mes de setembro.
Desde aquí queremos darlles os parabéns polo diploma recibido hoxe, das mans do Delegado Territorial da Xunta, Rogelio Martínez, e sobre todo polo agarimo co que tratan aos seus clientes desde 1980 cando abriron a xoiaría-reloxaría.
Hoxe, a súa profesionalidade foi premiada polo mellor interlocutor posible: a súa clientela.

Esta foto é do momento da entrega do Diploma (cortesía da D.X. de Comercio):

Se desexades achegarvos á súa xoiaría, está en:
Joyería Relojería Prada
Doctor Fleming, 7 (esquina con Ervedelo)
32003 Ourense


← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com