O luns 3 de novembro abre o prazo para a presentación de deseños ao III Concurso San Eloi

O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, co obxecto de promover as iniciativas dos deseñadores, convoca o III Concurso de Deseño San Eloi. O Tema escollido para a terceira edición é o mar.

A foto da portada é a do deseño de pulseira, de Sonia Vizcaíno, Primeiro premio da edición do 2013.

Bases completas, en pdf dispoñibles aquí.
Bases completas, en pdf, en castellano, disponibles aquí.

1.- Participantes
O concurso está aberto a todos os deseñadores, sexan estudantes ou profesionais (exercentes ou non), que teñan os 18 anos cumpridos o 3 de novembro 2014.

2.- Premios
O xurado seleccionará os dez deseños finalistas, entre os que se atoparán os tres deseños gañadores.
O premio consiste en:
1º Premio: 1.000 euros
2º Premio: 500 euros
3º Premio: 200 euros

Valorarase a innovación do deseño, a posibilidade de realización e a portabilidade da xoia, así como a súa relación coa temática escollida, neste caso o mar.
Todos os finalistas recibirán o correspondente diploma acreditativo da participación.

3.- Desenvolvemento do certame
â–ª
Os deseños poderán presentarse impresos, do 3 ao 10 de novembro 2014 (ambos días incluídos), na oficina do Colexio Oficial de Xoiaría:
rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B
15701 Santiago de Compostela (A Coruña)
en horario de apertura, de luns a venres: 9h-14 e 16h30-19h30.

â–ª No interior dun sobre que se entregará pechado irán outros dous sobres pechados con:
1) o deseño impreso e unha memoria do proxecto de, como máximo, unha páxina.
2) o currículum do deseñador e os seus datos completos:
nome e apelidos
data de nacemento
enderezo postal completo
teléfono
correo-e de contacto
DNI
A ficha de inscrición debidamente asinada (dispoñible aquí
e na oficina do Colexio Oficial de Xoiaría).

â–ª A realización dos deseños é totalmente libre.
â–ª Cada participante poderá presentar unha única proposta.
â–ª
Os deseños deberán ser orixinais e non se aceptarán propostas xa presentadas a outros certames.
â–ª
A partir do 10 de novembro reunirase un xurado composto por seis profesionais representantes do sector da xoiaría, deseño e do mundo da arte en Galicia. Tomando como base para a súa valoración a innovación do deseño, a posibilidade de realización e a portabilidade da xoia, así como a súa relación coa temática escollida -neste caso o mar- os membros do xurado seleccionarán os deseños finalistas e gañadores. A decisión adoptada polo xurado será inapelable.
â–ª
A entrega dos premios farase nun acto público, ao que se convocarán os finalistas, na data e lugar que se determinen e que serán convenientemente comunicados a todos os participantes. A previsión é que este acto se organice durante a Gala de celebración de San Eloi, patrón dos xoieiros.

Toda a información estará sempre actualizada na web do Colexio Oficial de Xoiaría: www.coxga.es

4.- Aceptación bases e notas aclaratorias
â–ª
Os participantes aceptan expresamente cumprir todas e cada unha das bases deste concurso. O seu incumprimento dará lugar á exclusión do certame. A este efecto, os participantes deben cubrir e entregar asinada a ficha de inscrición dispoñible na web www.coxga.es e na oficina do Colexio.
â–ª
Os datos dos participantes serán incorporados a un ficheiro titularidade do Colexio Oficial de Xoiaría, que tratará para a organización e xestión do concurso. Poderanse exercer os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación dirixindo un escrito ao Colexio Oficial de Xoiaría:
rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB
15701 Santiago de Compostela (A Coruña)

â–ªOs nomes e imaxe dos participantes poderán ser obxecto de comunicación pública nas accións que o Colexio Oficial de Xoiaría poida levar a cabo relacionadas co certame.
â–ª
Todos os participantes ceden ó Colexio Oficial de Xoiaría o uso dos deseños presentados, que poderán ser obxecto de exposición e/ou difusión pública por calquera medio de comunicación.
Os dez deseños finalistas quedarán en propiedade do
Colexio Oficial de Xoiaría.
â–ª
O Colexio Oficial de Xoiaría resérvase a interpretación das presentes bases, prevalecendo o seu criterio en caso de discrepancia e tendo en conta que o Xurado pode declarar total ou parcialmente deserto o concurso.

 Santiago de Compostela, a 15 de xullo 2014

Bases completas, en pdf dispoñibles aquí.
Bases completas, en pdf, en castellano, disponibles aquí.

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com