San Eloi 2014: Entrega de Seguetas de Prata e Ouro

Na Gala anual da Xoiaría de Galicia, que tivo lugar o sábado 29 de decembro, en Allariz, ademais de celebrar o San Eloi, de entregar os Premios do III Concurso de deseño de xoias e de presentar a nova imaxe da campaña de Nadal 2014, entregáronse varias homenaxes a profesionais do sector: as Seguetas de prata e ouro:

As Seguetas de prata entréganse a profesionais que levan toda a súa vida dedicada á xoiaría.
A Segueta de ouro entrégase a un profesional ou unha empresa que traballaron especialmente a prol da construción do sector, tanto dun xeito asociativo como profesional ou formativo.

A Primeira Segueta de Prata foi para Antonio González Fernández de Joyería González, de Tui.
Na foto: Oscar Rodríguez Blanco (Presidente do Coxga), Antonio González Fernández e Sol Vázquez Abeal (Directora Xeral de Comercio da Xunta)

A Segunda Segueta de Prata foi para José Antonio Veiga López de Joyería Cheche, de Pontedeume.
Na foto: Oscar Rodríguez Blanco (Presidente do Coxga), José Antonio Veiga López e Rogelio Martínez González (Delegado Territorial da Xunta en Ourense).

A Segueta de Ouro, foi para Salgado Nespereira de Ourense.

Na foto: Oscar Rodríguez Blanco (Presidente do Coxga), Susana e María Raquel Salgado Pazos (Salgado Nespereira) e Francisco García Suárez (Alcalde de Allariz).

Para acceder ao albume completo de fotos da Gala da Xoiaría, premer aquí.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com