Gañadores concurso San Valentín 2015

 

Este ano, no Concurso de escaparates de San Valentín 2015: E a ti cal te namora?, a foto máis votada foi a do escaparate de Carlos Joyero, de Tui (Pontevedra).
Así resultou gañador o noso colexiado cunha cea para dúas persoas, na súa vila, a disfrutar o sábado 14 de febreiro. Tamén se sorteou unha cea para dúas persoas entre todos os votantes da foto do escaparate do noso colexiado Carlos González (Carlos Joyero), resultando gañador Luís Dacasa.

Os restaurantes de Tui escolidos foron Restaurante Reino de Galicia e Tapería de Manu, ambos en Tui.
Recibimos fotos dos nosos gañadores que nos contaron que o pasaron moi ben e que os trataron de marabilla nestes dous restaurantes!

Podedes ver fotos das ceas, que nos enviaron amablemente os gañadores, premendo aquí.

Deixámosvos aquí a foto do escaparate gañador de Carlos Joyero, en Arbo:

 


← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com