15/10/2015
Ardentia (Bergondo) está entre os tres finalistas ó Premio Artesanía de Galicia co seu conxunto de xoias da colección Origami (pendentes, colgante e anel).
A Xunta anunciou onte ós finalistas deste Premio que ten por obxectivo recoñecer a obra que mellor representa á artesanía competitiva e que conxuga os valores tradicionais do sector coas novas tendencias. En concreto, o xurado destaca o coidado deseño, a calidade e a incorporación das novas tecnoloxías no proceso de elaboración da colección Origami, como as razóns para seleccionar esta obra como finalista ó Premio Artesanía de Galicia.
No Coxga alégranos moito coñecer este tipo de noticias sobre os logros dos nosos colexiados e desexamos que, finalmente, a profesionalidade, esforzo, traballo e constancia de Ardentia teñan a merecida recompensa.
Para ler o comunicado completo da Xunta de Galicia pinchar aquí.
Para máis información sobre a colección Origami pinchar aquí.