26/10/2015
Os reloxeiros reparadores máis prestixiosos de España, entre os que se atopan os colexiados Luis Míguez Relojeros, Postventa Relojeros e Dans Relojeros, reuníronse a pasada fin de semana en Madrid para celebrar a cuarta asemblea anual de ANPRE (Asociacion Nacional de Profesionales Relojeros Reparadores).
ANPRE naceu no ano 2010 e actualmente conta con 76 socios en todo o territorio nacional. Son profesionais comprometidos co seu traballo que dedicaron eses días a tratar a problemática que lles afecta, poñer en común a súa experiencia e compartir as vantaxes da última tecnoloxía no seu ámbito, o que lles permite estar sempre á última en avances e técnicas para lograr unha reparación de calidade en reloxaría, ofrecendo ós seus clientes a excelencia nas reparacións.