30/10/2015
A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia (COXGA), con motivo da finalización do período de mandato de catro anos, acordou na reunión celebrada o 13 de outubro, convocar eleccións para a renovación dos cargos da Xunta de Goberno. Achegamos a este correo a convocatoria que tamén enviamos por correo postal.
As eleccións celebraranse o venres 15 de xaneiro de 2016, na sede do COXGA (rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB. 15.701 Santiago de Compostela), sendo o horario de votación de 9h a 19h. Os colexiados que desexen emitir o seu voto por correo, poden solicitalo ata o 28 de decembro.
O prazo para a presentación de candidaturas remata o 9 de decembro.
A convocatoria inclúe o calendario do proceso electoral detallado.
Para ver a convocatoria completa pinchar aquí.
Consultar o texto íntegro dos Estatutos no apartado Normativa Coxga.